Do 26 ao 30 de xuño de 2011 a selección Galega infantil e cadete de bádminton vai tomar parte no Campionato de España Escolar que se vai celebrar en Pamplona.

A expedición galega partirá o 26 cara Pamplona e estará composta por:

Selección Galega Infantil:
CB Thebes&Reale A Estrada: Xoel Liñares, Alejandro Nogueira, Fabián Penas, Pablo Sanmartín e Olinda Pardo.
Club Athlos de Ourense: Sara Ezquerro e Sara Galicia.
CB As Neves: María Alonso

Selección Galega Cadete:
CB Thebes&Reale A Estrada: Ana Reino, Nerea Gestoso e José Manuel Padín.
CB Los Sauces de Pontevedra: Javier González
CB Rachaplumas de Vigo: Carla Mouriño
Club do Mar de San Amaro dá Coruña: Andrea Gutiérrez
CB As Neves: Brais Alvés e José Manuel Pintos

Xunto a eles desprázase o seleccionador galego e técnico do CETD Galicia Rafael Vázquez máis os técnicos David Aboal del Club del Mar, Ana Durán do CB As Neves e Juan Manuel Vila do CB Rachaplumas.

Galicia parte con opcións ao podium nas dúas categorías, na categoría infantil defende o subcampionato logrado o ano pasado.

Na categoría infantil Galicia esta encadrada no grupo 2 xunto a Castilla León, Castilla La Mancha e País Vasco mentres na categoría cadete Galicia esta no grupo 4 xunto a Canarias, Castilla La Mancha e Baleares.

Os partidos darán comezo o 27 no Estadio Larrabide de Pamplona.