cb_rachaplumas-medallistasUn total de 13 xogadores pertencentes ao club Bádminton Rachaplumas de Vigo tomaron parte esta fin de semana no II Torneo Internacional Costa Verde que celebrouse na localidade portuguesa de Espinho. A representación viguesa estivo composta por Ana Belén Salgueiro, Gabriel Fernández, Omar Vila, Jacobo Fernández e Javier Alava en sub-13, Rebeca Gómez en sub-15, Brais Vila e Miguel Silva en sub-17, Jorge García e Javier González en sub-19, Alexandre Audras en senior e Juan Fernández e Juan Manuel Vila en Veteranos.

A participación viguesa en Espinho saldouse cun balance moi positivo a lograr catro títulos con Gabriel Fernández e Omar Vila en dobres masculino sub-13, Brais Vila en individual masculino sub-17, Javier González en dobres mixtos sub-19 formando parella coa xogadora Caterina Couto del Club de Espinho e Juan Fernández e Juan Vila en dobres masculinos veteranos, tres subcampionatos Jorge García en individual masculino sub-19, Javier González en individual masculino senior e Juan Vila en individual masculino veteranos e dous bronces con Ana Belén Salgueiro e Omar Vila en dobres mixtos sub-13 e Juan Fernández en individual masculino veteranos.

Excelente experiencia para os xogadores vigueses que viviron dous días intensos coa disputa de moitos partidos onde evidenciaron un bo nivel de xogo destacado polos organizadores. A progresión que están a demostrar os xogadores do club é moi boa sobre todo na categoría sub-13 ao participar con xogadores sub-11. Logrouse o título de dobres masculino onde Gabriel Fernández e Omar Vila xogaron a gran nivel e proclamáronse campións ao derrotar na final á parella formada por Simao Ferreira e Luis Pita do AAE Espinho e Club Albergaria, en individual perdeuse en ¼ de final en axustados partidos con tres dos catro representantes, Jacobo Fernández, Gabriel Fernández e Omar Vila. En dobres mixtos, perdeu en semi final a parella formada por Ana Belén Salgueiro/Omar Vila cos campións Inés Couto/Simao Ferreira del Club Espinho por 21-10 e 21-16.

En sub-17 cabe destacar o triunfo en individual masculino de Brais Vila que realizo un espectacular torneo, indo de menos a mais, derrotando na final ao xogador portugués Miguel Marqués do AAE Espinho por 21-12 e 21-16 nun moi bo partido do xogador vigués que non deu ningunha opción ao portugués.

Outro bo torneo foi o que realizou Javier González que logrou en título de dobres mixtos en sub-19 formando parella con a xogadora Caterina Couto do AAE Espinho onde se mostraron intratables. En individual Javier jugo na categoría absoluta onde alcanzou a final perdendo co xogador da selección portuguesa e do club AAE Espinho Rubén Vise por 21-9 e 21-5.
 
En individual masculino sub-19, Jorge García realizo un bo partido na final ante o portugués Antonio Castro do AAE Espinho co que perdeu por 21-14 e 21-8.

Por último destacar o papel dos técnicos do club Juan Fernández e Juan Vila que lograron o título de dobres masculino veteranos e en individual o subcampionato con Juan Vila e o bronce con Juan Fernández.