Cabecera Vide

12 medallas para o Rachaplumas no Campionato Provincial Escolar de bádminton celebrado en Tomiño

Rachaplumas_abril_2013O pasado sábado o Pavillón Municipal de Tomiño foi sede do Campionato Provincial Escolar de Bádminton da provincia de Pontevedra. Un total de 130 deportistas clasificados de toda a provincia tomaron parte na proba dos cales 33 pertencían ás entidades de Vigo: Colexio Monterrey, Colexio Martín Codax, IES de Teis, Colexio Carmelitas e Club Bádminton Rachaplumas de Vigo.

A competición disputouse nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete tanto masculino como feminino.

O Club Bádminton Rachaplumas, de Vigo, foi o gran triunfador ao lograr 12 das 24 medallas en xogo. Esta entidade logrou 5 ouros, 4 pratas e 3 bronces e clasificou 4 deportistas para a fase final galega. A outra entidade que subiu ao podio foi a IES de Teis de Vigo cunha prata, un bronce e catro clasificados. Estas dúas entidades coparon 14 das 24 medallas en xogo demostrando o bo nivel da representación viguesa.

Estes foron os deportistas de Vigo que subiron ao podio:

Benxamín Masculino:
1. - Jacobo Fernández - CB Rachaplumas-Vigo
2. - Javier Alava - CB Rachaplumas-Vigo

Benjamin Feminino:
1. - Carlota Isorna - CB Rachaplumas-Vigo
3. - Marta Gómez - CB Rachaplumas-Vigo

Alevín Masculino:
1. - Gabriel Fernández - CB Rachaplumas-Vigo
3. - Omar Vila - CB Rachaplumas-Vigo

Alevín Feminino:
1. - Ana Belén Salgueiro - CB Rachaplumas-Vigo
2. - Antía Fernández - CB Rachaplumas-Vigo

Infantil Masculino:
1. - David Torres - CB Rachaplumas-Vigo
2. - Victor Costas - CB Rachaplumas-Vigo

Infantil Feminino:
3. - Rebeca Gómez - CB Rachaplumas-Vigo

Cadete Masculino:
2. - Eloy Dapena - CB Rachaplumas-Vigo

Cadete Feminino:
2. - Mariña Prieto - IES de Teis-Vigo
3. - Alba Méndez - IES de Teis-Vigo

Para a fase final galega do próximo 15 de xuño, Vigo clasificou a un total de 8 xogadores:

- Catro do CB Rachaplumas: Víctor Costas e David Torres en infantil masculino, Rebeca Gómez en infantil feminino e Eloy Dapena en cadete masculino.

- Catro do IES de Teis: Eliseo Pérez en cadete masculino e María Prieto, Alba Méndez e Maribel Arizaca en cadete feminino.