Rachaplumas_mayo_13O Club Bádminton Rachaplumas desprazou esta fin de semana a catro xogadores para participar no Campionato de España Sub-11 que se celebrou na localidade asturiana de Vegadeo. Os xogadores desprazados foron: Jacobo Fernández, Anxo Alexandre Vila, Omar Vila e Gabriel Fernández.

Éxito vigués neste campionato, o Rachaplumas logra o seu primeiro título de España ao proclamarse Gabriel Fernández e Omar Vila campións de España na modalidade de dobres Sub-11. O éxito completouse co terceiro posto logrado por Gabriel Fernández en individual masculino Sub-11.

A parella viguesa formada por Gabriel e Omar mostrouse intratable na competición, foi de menos a máis ao longo da competición, rematando de forma irresistible e alzándose co título nun final espectacular e só cedendo un solo set no primeiro encontro.

No primeiro partido impuxéronse con problemas á parella do CB Oviedo Pablo Murciano/Pelayo Pinto por 12-15, 15-12 e 15-8. A partir deste partido e logo de perder os nervios da estrea, en segunda rolda gañaron a Adriana Vega/Amaya Virgos do CB Estella de Navarra por 15-2 e 15-5. En 1/8 de final gañaron a Renato Rothopf/María del Mar Umbert do CB Palma de Baleares por 15-9 e 15-9. En ¼ de final gañaron a Fernando Cívico/Pau Martín do CB Ibiza de Baleares por 15-11 e 15-8. En ½ final derrotaron un dos favoritos Guillermo Illescas/Hugo Pozas del CB Rota de Andalucía e na final a Aldara Liñares/Natalia Murio do CB Thebes&Reale A Estrada por 15-9 e 15-11.

No cadro individual Gabriel Fernández logrou un meritorio terceiro posto ao perder en ½ final ante a madrileño do Colexio Parque Alejandro De Pablo por 15-11, 13-15 e 15-13. Gabriel para chegar ás semifinais dobrego en 1/8 de final a Guillermo Figueras do CB Arjonilla de Andalucía por 15-10 e 15-13 e en ¼ de final ao máximo favorito Salvador Franco do CB Granada de Andalucía por 15-13 e 15-12.

Outro bo resultado logrouno Omar Vila ao perder en 1/8 de final ante o xogador do CB Drop Toledo José David Bacete por 15-11 e 20-18.