O Rachaplumas logra 7 dos 9 títulos en xogo do Trofeo Concello de Vigo de bádminton

Imprimir

rachaplumas_2013Este sábado, na pista vermella do IMD das Travesas, pechouse a tempada de bádminton en Vigo co VII Trofeo Concello de Vigo - IV Memorial Luis Mirou de bádminton. A proba estivo organizada polo Club Bádminton Rachaplumas. Na competición tomaron parte 180 deportistas que representaron ao CB Los Sauces de Pontevedra, Colexio Compañía de María de Cangas, CEP Pedro Caselles e CEIP Sobrada de Tomiño, Colexio Estudio e Colexio Anxo de e Nigrán e as entidades de Vigo, Colexio Monterrey, Colexio Carmelitas, IES de Teis e CB Rachaplumas.

Un total de 340 partidos disputáronse ao longo dunha xornada intensa que deu comezo ás 10:00 h. para finalizar ás 20:00 h. coa entrega de medallas.

O club anfitrión foi o gran triunfador ao lograr 7 dos 9 títulos en xogo deixando un para o IES de Teis de Vigo e outro para o CB Los Sauces de Pontevedra.

A xornada tamén serviu para homenaxear os novos campións de España Gabriel Fernández e Omar Vila que protagonizaron a final da categoría Alevín.

Este foi o podium do VII Trofeo Concello de Vigo -IV Memorial Luis Mirou:

Benxamín masculino:

1.- Jacobo Fernández (CB Rachaplumas)
2.- Javier Álava (CB Rachaplumas)
3.- Boris Bunimov (CB Los Sauces) e Lucas Gómez (Colegio Ángel de la Guarda)

Benxamín feminino:

1.- Marta Gómez (CB Rachaplumas)
2.- Laura Eraso (Colegio Estudio)
3.- Uxía Fernández e Catuxa Carrera del CB Rachaplumas

Alevín masculino:

1.- Gabriel Fernández (CB Rachaplumas)
2.- Omar Vila (CB Rachaplumas)
3.- Alberto Ramos e Mauro Fernández do CB Los Sauces.

Alevín feminino:

1.- Ana Belén Salgueiro (CB Rachaplumas)
2.- Antia Fernández (CB RAchaplumas)
3.- Andrea Piñeiro (CEP Pedro Caselles) e Almaz Coello (CB Rachaplumas)

Infantil Masculino:

1.- David Torres (CB Rachaplumas)
2.- Victor Costas (CB Rachaplumas)
3.- Alberto Méndez (CB Rachaplumas) e Xabier Rodríguez (IES de Teis)

Infantil Feminino:

1.- Carla Vázquez (CB Los Sauces)
2.- Rebeca Gómez (CB Rachaplumas)
3.- Paula Abal (Colegio Ángel de la Guarda) e Sara Acuña (Colegio Compañía de María)

Cadete Masculino:

1.- Eloy Dapena (CB Rachaplumas)
2.- Eliseo Pérez (IES de Teis)
3.- Javier Martínez (CB Rachaplumas) e Erik Alonso (IES de Teis)

Absoluto Masculino:

1.- Javier González (CB Rachaplumas)
2.- Brais Vila (CB Rachaplumas)
3.- Pablo Vilas e Jorge Arizaca do IES de Teis.

Absoluto Feminino:

1.- Laura Deben (IES de Teis)
2.- Maribel Arizaca (IES de Teis)
3.- Alba Méndez e Paula Louzao do IES de Teis.

O próximo fin de semana o CB Rachaplumas formará parte, con Brais Vila, no Campionato de España Sub-17 que se celebrará do 31 de maio ao 2 de xuño na Estrada.