rachaplumasÉxito dos novos xogadores vigueses do CB Rachaplumas a pasada fin de semana no Master Nacional sub-13 de bádminton celebrado no Pavillón Municipal Alvaro Pino de Ponteareas. O CB Rachaplumas participou con catro xogadores sub-13, Ana Belén Salgueiro, Jacobo Fernández, Gabriel Fernández e Omar Vila. Os catro fixeron un gran papel e subiron ao podium.

O título lográrono Ana Belén Salgueiro e Jacob Fernández no dobres mixtos sub-13. A prata foi para Gabriel Fernández e Omar Vila no dobres masculino sub-13. O bronce conseguiuno Omar Vila en individual masculino sub-13 que repetía. Tamén alcanzaron o cadro principal en individual masculino sub-13 Gabriel e Jacobo Fernández que perdían en ¼ de final. Ana Belén Salgueiro tamén alcanzaba o cadro principal de individual feminino sub-13 perdendo en ¼ de final.

Bos resultados que lles permitirá escalar postos no ranking nacional xa que esta proba era valedoira para éste.