rachaplumasO Club Bádminton Rachaplumas culminou esta fin de semana a boa tempada que vén facendo na segunda división masculina da Liga Galega de Clubs 2013/2014 ao proclamarse campión e ascender a 1ª división. A 3ª e última xornada disputouse o domingo en A Estrada.

O club vigués tivo que disputar dous encontros que saldou con vitoria, primeiro ante o segundo equipo do club vigués, o CB Rachaplumas B ao que dobregou por 5-0 e por último ante o club coruñés do Club do Mar de San Amaro B ao que derrotou por 4-1.

O conxunto vigués estivo formado por Miguel Silva, Enrique Meijide, Javier González e Brais Vila.

Os outros equipos do club vigués que xogaron foron, o CB Rachaplumas B, que perdeu 5-0 ante o CB Rachaplumas A, e ante o CB Li-Ning A Estrada C.

O equipo feminino tamén sucumbiu 5-0 ante o CB A Estrada A e B e o CB As Neves A.

A clasificación de 2ª División Masculina, co club vigués no máis alto, quedou:

1. - CB Rachaplumas "A" - Vigo  con 41 puntos.
2. - CB Li-Ning A Estrada "C" - A Estrada con 39 puntos.
3. - Club Universidade Laboral - Ourense con 37 puntos
4. - Club do Mar Santo Amaro B Amaro "B" - A Coruña con 31 puntos.
5. - CB Troula - Lugo    con 30 puntos.
6. - CB As Neves "C" - As Neves  con 21 puntos.
7. - CB As Neves "D" - As Neves  con 14 puntos.
8. - CB Rachaplumas "B" - Vigo  con 10 puntos.