Tres ouros e un bronce para o Rachaplumas no Circuíto Galego sub 11 de bádminton

Imprimir

BadmintonNovo éxito dos xogadores do Club Bádminton Rachaplumas no Circuíto Galego sub-11 de Bádminton. Esta vez foi en A Coruña, o pasado domingo, logrando o ouro no individual masculino, por medio de Jacobo Fernández, e no dobres, con Jacobo Fernández xunto a Javier Alava, a iso sumouse o bronce en individual masculino a cargo de Javier Alava.

Os xogadores vigueses seguen demostrando que son os mellores galegos da categoría, cunha nova vitoria que lles afianza na primeira praza do ranking nacional, tanto en individual masculino con Jacobo Fernández, coma en dobres con Jacobo Fernández e Javier Alava.

dobles_rachaplumasA próxima fin de semana, en Vigo ante a súa afección, terán unha nova oportunidade de subir ao máis alto do podio con motivo do Circuíto Galego sub-11 Vigo, que se vai celebrar o sábado 1 de marzo de 2014 no Pavillón do CIFP Manuel Antonio.

Por outra parte, o pasado sábado o Club Bádminton Rachaplumas participou no XXXVI Campionato Galego Veteranos celebrado en A Coruña. O representante vigués, Juan Fernández, non puido pasar dos ¼ de final ao sucumbir co xogador ourensano do club Universidade Laboral Miguel Angel Quiroga.

Éxito nunha nova xornada da competición escolar de bádminton celebrada no CIFP Manuel Antonio de Vigo

A fin de semana foi intensa para o Club Bádminton Rachaplumas, coa participación de xogadores nas probas de A Coruña e a organización o sábado dunha nova xornada da competición escolar de bádminton fase zonal de Vigo. Cun éxito de participación, tomaron parte 180 deportistas de 12 entidades que disputaron máis de 200 partidos.

As entidades que tomaron parte nesta xornada foron: Colexio Compañía de María de Cangas, IES Illa de San Simón e IES Pedro Floriani de Redondela, Colexio Ángel de la Guarda e Colexio Estudio de Nigrán e a entidades de Vigo IES de Teis, Colexio Monterrey, Colexio Carmelitas, Colexio Martin Codax, EDM de Vigo e CB Rachaplumas.

A competición disputouse nas categorías benxamín e alevín de 10 a 13 h. e Infantil e Cadete de 16 a 19 h.

Despois desta xornada as clasificacións quedan:

Categoría benxamín:

Masculino:
1º.- Miguel Alcantara (Colegio Monterrey-Vigo)
2º.- Diego Kuykendall (EDM de Vigo)
3º.- Sergio Abalde (EDM de Vigo)
4º.- Rubén Fraga (EDM de Vigo)

Feminino:
1.- Uxía Fernández (CB Rachaplumas-Vigo)
2.- Manuel Cividanes (Colegio Carmelitas-Vigo)
3.- María Fernández (Colegio Martín Codax-Vigo)
4.- Rocío Chaplea (Coelgio Carmelitas-Vigo)

Categoría alevín:

Masculino:
1.- Rafael Fernández (EDM de Vigo)
2.- Jacobo Fianño (Colegio Estudio-Nigrán)
3.- Daniel González (EDM de Vigo)
4.- Pablo Roel Baer (Colegio Estudio-Nigrán)

Feminino:
1.- Malena Isorna (EDM de Vigo)
2.- Laura Eraso (Colegio Estudio-Nigrán)
3.- Brenda Gestido (Colegio Compañía de María-Cangas)
4.- Nerea Salgado (Colegio Monterrey-Vigo)

Categoría infantil:

Masculino:
1.- David García (EDM de Vigo)
2.- Alejandro Miranda (Colegio Monterrey-Vigo)
3.- Iago Alvarez (IES de Teis-Vigo)
4.- Mauro Santiago (IES de Teis-Vigo)

Feminino:
1.- Antia Fernández (CB Rachaplumas-Vigo)
2.- Almaz Coello (EDM de Vigo)
3.- Sarela Meana (EDM de Vigo)
4.- Iría Domínguez (EDM de Vigo)

Cateogoría catete:

Masculino:
1.- Eloy Dapena (EDM de Vigo)
2.- David Torres (CB Rachaplumas-Vigo)
3.- Pedro Castelao (EDM de Vigo)
4.- Alejandro Dacruz (IES de Teis-Vigo)

Feminino:
1.- Rebeca Gómez (CB Rachaplumas-Vigo)
2.- Mariña Prieto (IES de Teis-Vigo)
3.- Mª del Pilar Boullosa (Colegio Compañía de María-Cangas)
4.- Alejandro Chapela (Colegio Compañía de María-Cangas)

Próxima xornada no mes de marzo.