RACHAPLUMAS_SUB-11Novo éxito dos xogadores do CB Rachaplumas no Circuíto Galego sub-11 de Bádminton. Esta vez, ante a súa afección na casa, os xogadores vigueses volveron subir ao máis alto do podium con dous novos ouros a cargo de Jacobo Fernández en individual masculino e Jacobo Fernández xunto a Javier Alava no dobres, a iso hai que sumar dous bronces en individual masculino a cargo de Javier Alava e o individual feminino a cargo de Marta Gómez.

Esta proba, Circuíto Galego sub-11 Vigo, celebrouse o pasado sábado no Pavillón do CIFP Manuel Antonio organizada polo Club Bádminton Rachaplumas.

Os vigueses, na categoría sub-11, están a copar todos os títulos e  Jacobo alzouse co título individual masculino sen problemas ao gañar todos os seus encontros en dous sets. Na final, o xogador coruñés do Club do Mar, Carlos Fernández, puxo en apuros a Jacobo que tivo que empregarse a fondo para derrotalo en 15-12 e 15-11.  Javier Alava tamén realizou un gran papel sucumbindo en semi final ante Carlos Fernández por 15-12 e 15-9 e alcanzando o bronce.

En individual feminino, as xogadoras viguesas realizaron un bo papel co bronce para Marta Gómez, e Uxía Fernández perdía en ¼ de final.

En dobres novo triunfo de Javier Alava e Jacobo Fernández, que esta vez tuieron que sufrir na final ante a parella formada por Natalia Murio/Lucía Rodríguez (CB A Estrada/CB As Neves) ás que derrotaron nun axustado encontro por 9-15, 15-13 e 17-15. Outro bo resultado foi o logrado por Marta Gómez/Carlota Isorna que perderon en ¼ de final.

Vigo sede do Campionato Galego sub-13 e sub-19

Esta fin de semana, de 10 a 20 h, o Club Bádminton Rachaplumas organiza no XXXVI Campionato Galego sub-13 e sub-19 na pista Vermella do IMD das Travesas. Esta proba estaba prevista para o pasado 8 de febreiro, pero suspendeuse polo temporal.

Participan 70 xogadores representando aos clubs galegos: Club do Mar de San Amaro da Coruña, Club Athlos de Ourense, CB Li-Ning A Estrada, CB Los Sauces de Pontevedra, CB As Neves e o anfitrión, o CB Rachaplumas.

O CB Rachaplumas parte con moitas opcións na categoría sub-13 onde destacan os xogadores Ana Belén Salgueiro, Jacobo Fernández, Gabriel Fernández e Omar Vila para subir o podium. En sub-19 a mellor baza viguesa é Brais Vila.