O Club de Bádminton Rachaplumas acapara o protagonismo en Portugal con 24 medallas

Imprimir

rachaplumas_portugalA pasada fin de semana, o CB Rachaplumas participou no I Torneo Internacional Cidade de Espinho en Portugal. Un total de 24 xogadores repartidos nas categorías sub-11, sub-13, sub-15, sub-17, sub-19 e Veteranos foron os desprazados a Espinho. Éxito da expedición viguesa que volveu cun total de 24 medallas (8 ouros, 7 pratas e 9 bronces) sendo o grande protagonista do torneo.

Estes foron os medallistas vigueses:

Categoría sub-11: tres medallas de ouro a cargo de:

□ Jacobo Fernández en individual masculino.
□ Jacobo Fernández/Javier Alava en dobres masculino.
□ Javier Alava xunto á xogadora portuguesa Carolina Veloso.

Categoría sub-13: catro oros, dous pratas e 1 bronce
Ouro:

□ Gabriel Fernández en individual masculino.
□ Ana Belén Salgueiro en individual feminino.
□ Gabriel Fernández/Omar Vila en dobres masculino.
□ Ana Belén Salgueiro/Jacobo Fernández en dobres mixtos.

Prata:

□ Omar Vila en individual masculino.
□ Gabriel Fernández xunto á xogadora portuguesa Ana Cruz en dobres mixtos.
□ Bronce: Rafael Fernández xunto a Ana Marques en dobres mixtos.

Categoría sub-15: 1 ouro, 3 pratas e 4 bronces
Ouro:

□ Alberto Méndez/David Torres en dobres masculino.
Prata:

□ David Torres en individual masculino.
□ Carla Vázquez en individual feminino.
□ Carla Vázquez/Omar Vila en dobres mixtos.
Bronce:

□ Rebeca Gómez en individual feminino.
□ Carla Vázquez/Ana Belén Salgueiro en dobres feminino.
□ Rebeca Gómez/David Costa en dobres mixtos.
□ David García xunto a la portuguesa Ana Marques.

Categoría sub-19: 1 prata e 1 bronce:
□ Prata: Javier González/Brais Vila en dobres masculino.
Bronce:

□ Brais Vila en individual masculino.

Categoría Senior: 1 prata:

□ Sara Cabaleiro/Rebeca Gómez en dobres feminino.

Categoría Veteranos: 2 bronces:
□ Sara Cabaleiro en individual feminino.
□ Juan Fernández/Juan Vila en dobres masculino.

Os xogadores vigueses que participaron foron:

Categoría sub-11: Jacobo Fernández, Javier Alava e Anxo Vila.
Categoría sub-13: Ana Belén Salgueiro, Omar Vila, Gabriel Fernández e Rafael Fernández.
Categoría sub-15: Rebeca Gómez, Carla Vázquez, David Torres, Alberto Méndez, David Costa e David García.
Categoría sub-17: Mara Leiva e Sandra Iglesias.
Categoría sub-19: Paula Louzao, Brais Vila, Javier González, Miguel Silva e Jorge García.
Categoría Veteranos: Sara Cabaleiro, Juan Fernández e Juan Vila.

O próximo sábado 29 de marzo dispútase a 7ª proba de a Diputación de Pontevedra de Bádminton no pavillón do CIFP Manuel Antonio de 10 a 20 horas.

O domingo día 30 de marzo de 2014, o Club Bádminton Rachaplumas participa con cinco xogadores no Campionato Galego sub-11 que se celebra no Pavillón Municipal das Neves.

Os xogadores desprazados polo club vigués serán Uxía Fernández, Carlota Isorna, Marta Gómez, Jacobo Fernández e Javier Alava que parten con moitas opcións de alzarse co título en individual masculino e dobres.