rachaplumasEste domingo o CB Rachaplumas participou con 5 xogadores no Campionato Galego sub-11 que se celebrou en As Neves. Os xogadores desprazados foron Carlota Isorna, Marta Gómez, Uxía Fernández, Javier Alava e Jacobo Fernández que conseguiron un total de 4 medallas.

En individual masculino logrouse a prata a cargo de Jacobo Fernández que perdeu na final ante o coruñés Carlos Fernández e o bronce por Javier Alava que perdeu en semifinais tamén ante o xogador coruñés. En resultado foi bo pero esperaba o ouro a cargo de Jacobo.

En individual feminino logrouse unha merecidísima e sorpréndete medalla de bronce a cargo de Uxía Fernández que realizou un excelente campionato perdendo en semifinais ante a xogadora do CB A Estrada Natalia Murio.

En dobres outra vez perdeuse na final, a parella viguesa formada por Jacobo Fernández e Javier Alava perdían en tres sets anta Natalia Murio e Lucia Rodríguez do CB A Estrada/CB As Neves logrando desta forma a medalla de prata con sabor agridoce xa que eran os máximos favoritos. Outro bo resultado foi o logrado por Carlota Isorna e Marta Gómez que perderon en ¼ de final.

Esta próxima fin de semana dobre sesión no Pavillón do CIFP Manuel Antonio. O sábado competición escolar. Pola mañá de 10 a 13 horas xogan as categorías infantil e cadete e pola tarde de 16 a 19 horas xogan as categorías benxamín e alevín.

O domingo xogarase a 8ª xornada da Copa Deputación de Pontevedra de Bádminton na modalidade de dobres, en horario de 10 a 14 horas.