rachaplumasO pasado sábado celebrouse no Pavillón do CIFP Manuel Antonio de Vigo unha nova proba da Competición Escolar de Bádminton - Zona Vigo para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete coa participación dun total de 120 deportistas de 11 entidades do sur da provincia de Pontevedra.

Formaron parte da competición o Colexio Compañía de María de Cangas, Colexio Ángel de la Guarda e Colexio Estudio de Nigrán, IES Pedro Floriani e IES Illa de San Simón de Redondela, Colexio Monterrey, Colexio Carmelitas, Colexio Martín Codax, IES de Teis, EDM de Vigo e CB Rachaplumas de Vigo tomaron parte e horario de 10 a 13 h. Infantil e cadete e de 16 a 19 h infantil e cadete. O próximo sábado 26 de abril terá lugar unha nova proba.

Tres xogadores do Club Bádminton Rachaplumas na concentración do programa "Se busca"

Do 4 ao 6 de abril celebrouse no Pavillón Municipal "Couto Ferreiro" da Estrada unha concentración Nacional do Programa Se Busca Campeón. O Club Bádminton Rachaplumas estivo representado por tres xogadores, Gabriel Fernández, Jacobo Fernández e Omar Vila xunto ao técnico Juan Fernández.

Esta concentración serviu para ver en acción aos mozos promesas do bádminton nacional e avaliar os seus progresos na mellora da técnica xa que o domingo se avaliaron a todos os participantes e se asignaron grips en función dos coñecementos adquiridos.

Un total de 40 deportistas de La Rioja, Navarra, País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia citáronse en A Estrada baixo a dirección de Ernesto García técnico responsable do programa nacional e designado por Federación Española de Bádminton.

Os xogadores vigueses Gabriel Fernández e Jacobo Fernández lograron o grip azul que lles da dereito a participar na próxima concentración nacional que se celebrará en Madrid do 21 ao 25 de maio de 2014. Pola súa parte Omar Vila logrou o grip verde.

Triunfos do EDM Salceda e CB Rachaplumas na 8ª proba Copa Deputación de Pontevedra de bádminton de dobres

O pasado domingo celebrouse no Pavillón do CIFP Manuel Antonio de Vigo a 8ª proba da Copa Deputación de Pontevedra de Bádminton na modalidade de dobres.

Un total de 120 deportistas de 11 entidades do sur da provincia de Pontevedra: EDM Salceda de Caselas, ADA Salvaterra de Miño, Colexio Compañía de María de Cangas, Colexio Ángel de la Guarda, Colexio Estudio de Nigrán, Colexio Monterrey, Colexio Carmelitas, IES de Teis, EDM de Vigo, CB El Draque e CB Rachaplumas de Vigo tomaron parte en horario de 10 a 20 h para disputar case 400 partidos.

Este foi o cadro de honra da proba:

CATEGORIA SUB-13:
1º. - Xenxo Outeiro/Pablo Torres do AD Salvaterra - Salvaterra de Miño.
2º. - Alexandre Fernández/Mateo Pérez do EDM Salceda - Salceda de Caselas.
3º. - Joel Fernández/Mauro Santiago do IES de Teis - Vigo.
4º. - Anxo Vila/Rafael Fernández do CB Rachaplumas - Vigo.

CATEGORIA SUB-17
1. - David Torres/Alberto Méndez do CB Rachaplumas - Vigo.
2. - Pedro Castelao/Eloy Dapena do EDM de Vigo - Vigo.
3. - David García/Javier Martínez do EDM de Vigo - Vigo.
4. - Marta González/David Cameselle do EDM de Salceda - Salceda de Caselas.

CATEGORIA ABSOLUTA:
1. - Javier González/Brais Vila do CB Rachaplumas - Vigo.
2. - Jesús Gómez/Víctor Lemos do CB El Draque/EDM Salceda.
3. - Sergio Lobato/Yago Barbosa do EDM de Salceda - Salceda de Caselas.
4. - Howard Jamieson/Enrique Meijide do CB RAchaplumas - Vigo.

Próxima proba no mes de xuño.

Catro xogadores vigueses no Master Nacional sub-13 de bádminton de Medina del Campo

A próxima fin de semana, 12 e 13 de abril, catro xogadores vigueses pertencentes ao Club Bádminton Rahaplumas tomarán parte o Master Nacional sub-13 de bádminton que se celebra na localidade valisoletana de Medina del Campo.

Os xogadores vigueses que tomarán parte nesta competición serán Ana Belén Salgueiro, Jacobo Fernández, Omar Vila e Gabriel Fernández. O obxectivo lograr bos resultados que lles permitan subir postos no ranking nacional de cara ao próximo Campionato de España de xuño.

Unha vez publicados os cadros as mellores opcións céntranse nos dobres onde teñen moitas opcións de pasar aos cadros principais. Nos cadros de individuais duros rivais na fase previa que complicase a clasificación para os cadros principais.

Ás 9:00 h. dará comezo no Polideportivo Municipal Pablo Cáceres de Medina del Campo a competición cos primeiros encontros.

*09:00 h. Omar Vila contra o andaluz Guillermo Illesca do Cb Rota. Jacobo Fernández contra o asturiano Sergio Álvarez do CB Oviedo.
*09:20 h. Gabriel Fernández contra o vasco Iñigo Díaz do CB Aldapeta. Ana Belén Salgueiro contra a francesa Camille Benetreau.
*10:20 h. Ana e Jacobo contra María Umbert e Alexnadre Iviglia de Francia.
*11:00 h. Gabriel e Omar contra os madrileños Alejandro Baschwitz e Álvaro Moral.

A competición preséntase moi dura ao estar os mellores xogadores nacionais, xogadores de Francia e Portugal, que auguran un gran nivel á proba e tamén polo grande número de participantes que fará que a competición se prolongue ata a 22:00 h. do sábado e toda a mañá do domingo.