Cabecera Vide

Prata do Rachaplumas no Nacional Sub13 de Oviedo

rachaplumas_oviedoA pasada fin de semana, tres xogadores do Club de Bádminton Rachaplumas participaron no Master Nacional sub-13 de Oviedo que se celebrou no Polideportivo Corredoira Arena de Oviedo. Os xogadores vigueses desprazados foron Ana Belén Salgueiro, Gabriel Fernández e Omar Vila.

Bo campionato xa que Gabriel e Omar conseguiron alcanzar a segunda posición ao perder na final contra a parella local do CB Oviedo formada por Sergio García e David Miguel por 21-9 e 21-18. A parella viguesa entrou moi pouco concentrada no primeiro set e perdeu doado, pero no segundo xa máis centrado a punto estiveron de forzar o terceiro set ao perder por un axustado 21-18. Esta derrota non embaza o excelente torneo realizado pola parella viguesa que para chegar á final deixaron na cuneta en semifinais aos asturianos Pedro Menéndez-Pelayo Pinto por 21-14 e 21-8, en ¼ aos asturianos Adrián Alvarez-Pablo Murciano, na fase previa a Alejandro de Pablo/Alvaro Valverde (Madrid-As Neves) e Martín Abarbado/Sergio García (Athlos/As Neves).

No cadro individual tanto Omar como Gabriel superaron a fase previa con solvencia e dúas vitorias cada un para perder en 1/8 de final. Gabriel perdeu ante David Miguel do CB Oviedo e Omar perdeu ante o madrileño Gonzalo Lapeña.

Pola súa parte Ana Belén Salgueiro, no cadro feminino, tamén alcanzou os ¼ de final ao gañar os dous partidos de previas e perder en 1/8 ante a xogadora madrileña Myriam Alonso.