Boa actuación do Rachaplumas no Provincial de Bádminton en Ponteareas

Imprimir

rachaplumas_ponteareasEste domingo tivo lugar no Pavillón Municipal Álvaro Pino de Ponteareas o Campeonato Provincial Escolar de Bádminton. Máis de 200 deportistas de toda a provincia, repartidos nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, tomaron parte representando a 12 entidades que compoñían un total de 35 equipos tomaron parte na proba que disputaron máis de 250 partidos entre as 10 e as 15 horas.

A competición disputouse este ano na modalidade de equipos compostos por 6 xogadores, resultando do agrado de todas as entidades participantes.

Para esta fase final clasificáronse 200 deportistas dos case 3000 que iniciaron a competición no mes de novembro de 2013.

A competición resulto un rotundo éxito de participación, puídose presenciar un grande ambiente de bádminton con moitos e bos partidos que nos deleitaron estes novos deportistas entre os que se atopaban varios campións de España. A organización a cargo do Club Bádminton Ponteareas, a pesar do seu bisoñez, era a súa primeira organización importe tamén estivo á altura do torneo.

Triunfos moi repartidos, todas as entidades lograron subir ao podio onde brillaron as seleccións do Sur-Vigo con catro títulos, a selección local do Condado-Parandata con dous títulos e o Club Bádminton Rachaplumas cun título.

Este foi o cadro de honra da proba:

Categoría Benjamin Mixto:
1. - Selección Condado - Ponteareas
2. - Colexio Mª Inmaculada - Silleda
3. - Club Bádminton Rachaplumas - Vigo
Categoría Alevin Masculino/Mixto:
1. - Selección Sur - Vigo
2. - CEP Pedro Caselles Beltrán - Tomiño
3. - Colexio Mª Inmaculada - Silleda
Categoría Alevín Feminino:
1. - Selección Sur - Vigo
2. - Colexio Estudio - Nigrán
3. - CEIP Nº1 de Tui - Tui
Categoría Infantil Masculino/Mixto:
1. - Selección Sur - Vigo
2. - IES de Teis - Vigo
3. - ADA Salvaterra - Salvaterra de Miño

Categoría Infantil Feminino:
1. - Selección Condado - Ponteareas
2. - Selección Baixo Miño - Tomiño
3. - IES de Cotobade - Cotobade

Categoría Cadete Masculino/Mixto:
1. - Club Bádminton Rachaplumas - Vigo
2. - Colexio Mª Inmaculada - Silleda
3. - IES de Tomiño - Tomiño

Categoría Cadete Feminino:
1. - Selección Sur - Vigo
2. - Colexio Mª Inmaculada - Silleda
3. - IES de Cotobade - Cotobade