Cabecera Vide

O Rachaplumas brilla no Trofeo Concello de Vigo de bádminton

infantil_cadete_rachaplumasO pasado sábado, na Pista Vermella do IMD de Travesas, celebrouse o VIII Trofeo Concello de Vigo -V Memorial Luis Mirou de bádminton organizado polo Club Bádminton Rachaplumas. Uns 200 deportistas tomaron parte nesta proba representando 20 entidades.

A competición desenvolveuse na categoría benxamín e alevín pola mañá de 10 a13.30 h. e nas categorías infantil, cadete e absoluto pola tarde, de 16 a 20 horas coa disputa de máis de 300 encontros.

O evento resultou un éxito e o numeroso público asistente puido ver en evolución ás novas promesas do bádminton que deleitaron con moi bos partidos e moi igualados. A categoría alevín masculino contaba con tres campións de España e non defraudou, os tres coparon os primeiros postos, Jacobo Fernández, proclamouse campión dobregando en semifinal a Omar Vila, que foi terceiro, por 30-29 e na final a Gabriel Fernández por 30-28 en dous emocionantes e axustados encontros, os tres xogadores pertencen ao CB Rachaplumas.

Os gañadores nas diferentes categorías foron:

-Benxamin Masculino: Jesús Pérez do CB Ponteareas.
-Benxamin Feminino: Carlota Isorna do CB Rachaplumas.
-Alevín Maculino: Jacobo Fernández do CB Rachaplumas.
-Alevín Feminino: Andrea Piñeiro do CEP Pedro Caselles de Tomiño.
-Infantil Masculino: Mauro Fernández do CB Los Sauces de Pontevedra.
-Infantil Feminino: Ana Belén Salgueiro do CB Rachaplumas.
-Cadete Masculino: Gabriel Fernández do CB Rachaplumas.
-Absoluto Masculino: Javier González do CB Rachaplumas.
-Absoluto Feminino: Carla Vázquez do CB Los Sauces.

O club anfitrión brillou no seu torneo ao lograr un total de 20 medallas (5 ouros, 6 pratas e 9 bronces), seguido do CB Los Sauces de Pontevedra con 2 ouros e 1 bronce e o CB Ponteareas con 1 ouro e dous bronces e o CEP Pedro Caselles con 1 ouro e 1 bronce.

A próxima fin de semana, do 6 ao 8 de xuño, o CB Rachaplumas participará no Campionato de España sub-13 que se celebrará en Palma de Mallorca con 4 xogadores, Ana Belén Salgueiro, Omar Vila, Jacobo Fernández e Gabriel Fernández. Os xogadores vigueses desprázanse coa ilusión de lograr uns bos resultados e manter a boa sorte que empezaron en ano pasado e alcanzar algún posto no podio nas catro modalidades que participan.