Unha prata e dous bronces para o Rachaplumas no Galego sub-11 e sub-19

Imprimir

20150310 rachaplumasO pasado domingo tivo lugar en A Estrada o Campionato Galego sub-11 e sub-19 de Bádminton. O Club Bádminton Rachaplumas de Vigo desprazou a un total de 9 xogadores a esta cita conseguindo unha prata e dous bronces.

Os xogadores do CB Rachaplumas desprazados a A Estrada foron: En sub-11: Uxía Fernández, Sofía Alvarez e Jesús Pérez. En sub-19: Rebeca Gómez, David Costa, Pedro Castelao, Alberto Méndez, Miguel Silva e Brais Vila.

No cadro de individual feminino sub-11 foi onde obtivo mellores resultados ao lograr o subcampionato con Uxía Fernández, e a terceira praza con Sofía Alvarez, que realizaron un excelente campionato sucumbindo só ante a campioa Lucía Rodríguez do CB As Neves.

En  Sub-19 a categoría sub-19 foi onde se logrou ao terceira medalla para o club co dobres masculino sub-19, coa parella formada por Miguel Silva e Brais Vila.

De momento, o CB Rachaplumas suma xa nove medallas nos galegos, que espera aumentar en 22 de marzo con motivo do Campionato Galego sub-15 que se disputa en Ourense.

O próximo fin de semana o CB CB Rachaplumas participase no Master Nacional sub-13 de Tordesillas (Valladolid) con Omar Vila, que se celebará o 14 e 15 de marzo.