O Rachaplumas conquista o Concello de Vigo con seis títulos

Imprimir

rachaplumas miroO pasado sábado tivo lugar o IX Trofeo Concello de Vigo - VI Memorial Luis Miró de bádminton, organizado polo CB Rachaplumas e o Concello de Vigo, na pista Vermella do IMD das Travesas. Máis de 150 deportistas representando a un total de 16 entidades estiveron presentes nesta edición para disputar máis de 250 partidos.

O evento resultou un rotundo éxito tanto polo nivel que demostraron estes novos deportistas ante a bancada repleta de pais, familiares e numeroso público que gozaron con emocionantes e disputados partidos. Á festa do Bádminton sumáronse o alcalde de Vigo Abel Caballero, a tenente de alcade Carmela Silva, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e David Miró (fillo de Luis Miró), que gozaron da competición e entregaron medallas e trofeos.

No plano deportivo o club anfitrión, CB Rachaplumas, volveu brillar no seu torneo e conseguiu 6 dos 10 títulos en xogo, repartindo o resto o Colexio Rosalía de Castro de Vigo, o EDM Salceda, Colexio Estudio de Nigrán e o CB Los Sauces de Pontevedra.

Este foi o cadro de honra da proba:

Benxamín Feminino:
1. - Sofia Alvarez - EDM Salceda - Salceda de Caselas
2. - Mercedes Domínguez - CB Los Sauces - Pontevedra
3. - Silvia Iglesias - Colexio Carmelitas - Vigo
4. - Ana Fernández-Gayoso - Colexio Estudio - Nigrán

Benxamín Masculino:
1. - Gael Lorenzo - Colexio Rosalía de Castro - Vigo
2. - Xosé Manuel García - Colexio Rosalía de Castro - Vigo
3. - Martin Mosquera - Colexio Rosalía de Castro - Vigo
4. - Hugo Souto - CEIP San Salvador de Teis - Vigo

Alevin Feminino:
1. - Laura Eraso - Colexio Estudio - Nigrán
2. - Uxía Fernández - CB Rachaplumas - Vigo
3. - Jimena Herranz - Colexio Estudio - Nigrán
4. - Marta Gómez - EDM Vigo - Vigo

Alevin Masculino:
1. - Javier Alava - CB Rachaplumas - Vigo
2. - Boris Bunimov - CB Los Sauces - Pontevedra
3. - Hugo Domínguez - CEP Pedro Caselles - Tomiño
4. - Daniel Alvarez - EDM Salceda - Salceda de Caselas

Infantil Fememino:
1. - Almudena Vidal - CB Rachaplumas - Vigo
2. - Brenda Gestido - Colexio Compañía de María - Cangas do Morrazo
3. - Antia Fernández - CB Rachaplumas - Vigo
4. - Andrea Piñeiro - IES de Tomiño - Tomiño

Infantil Masculino:
1. - Rafael Fernández - CB Rachaplumas - Vigo
2. - Andres Vázquez - Colexio Rosalía de Castro - Vigo
3. - Javier Varela - Colexio Estudio - Nigrán
4. - Marco Salgado - Colexio Monterrey - Vigo

Cadete Feminino:
1. - Carla Vázquez - CB Los Sauces - Pontevedra
2. - Rebeca Gómez - CB Rachaplumas - Vigo
3. - Sara Acuña - Colexio Compañía de María - Cangas do Morrazo
4. - Laura Dacosta - Colexio Compañía de María - Cangas do Morrazo

Cadete Masculino:
1. - David Torres - CB Rachaplumas - Vigo
2. - Omar Vila - CB Rachaplumas - Vigo
3. - Marcos Refojos - Colexio Compañía de María - Cangas do Morrazo
4. - José Manuel Fernández - IES de Teis - Vigo

Absoluto Feminino:
1. - Ana Belén Salgueiro - CB Rachaplumas - Vigo
2. - Carla Vázquez - CB Los Sauces - Pontevedra
3. - Paula Louzao - CB Rachaplumas - Vigo
4. - Sara Cabaleiro - CB Rachaplumas - Vigo

Absoluto Masculino:
1. - Brais Vila - CB Rachaplumas - Vigo
2. - Jesús Gómez - CB Cies - Vigo
3. - Jesús de Andrés - CB Cies - Vigo
4. - Darío Freijo - CB Cies - Vigo

Con esta proba remata as competicións de Bádminton en Vigo.

A próxima fin de semana o CB Rachaplumas despraza a dous xogadores ao campionato de España sub-13 que se celebra en Oviedo do 5 ao 7 de xuño. Os xogadores desprazados son Omar Vila e Javier Alava con opcións de subir o podium.