O xogador vigues Omar Vila do CB Rachaplumas participará no máster nacional sub-15 de Guadalajara, esta fin de semana

Imprimir

Esta fin de semana celébrase no Pazo Multiusos de Guadalajara unha proba do Master Nacional sub-15 coa participación do xogador vigués do CB Rachaplumas de Vigo, Omar Vila, na primeira saída nacional da tempada.

Omar ten un difícil compromiso esta fin de semana, onde se citan os mellores xogadores nacionais. Debutará ante o xogador albaceteño, José Javier Bacete, e a continuación xogará contra o xogador balear, Marc Cardona, cabeza de serie e un dos favoritos.