Cabecera Vide

Prata e bronce para o Rachaplumas en A Estrada

rachaplumas.estradaA pasada fin de semana, o CB Rachaplumas tomo parte no Master Nacional sub-15 e sub-19 celebrado na localidade pontevedresa de A Estrada cun total de 7 deportistas. Os xogadores vigueses lograron unha prata a cargo de do dobres feminino sub-15 formado por Ana Belén Salgueiro e Antía Fernández, e un bronce en dobres mixtos sub-15, coa parella Uxía Fernández/Hugo Domínguez.

Outros bos resultados foron o de Antía Fernández en individual feminino sub-15 que perdeu en ¼ de final e Omar Vila en individual masculino sub-15, que perdeu en 1/8 de final.