Cabecera Vide

Éxito no Trofeo Concello de Tui do CB Rachaplumas

medallistas absolutoO pasado domingo celebrouse en Tui unha nova proba do Circuíto Babolat-Deportes Carlos Miguel de Bádminton, o Trofeo Concello de Tui con máis de 160 deportistas representando a un total de 15 entidades, organizado polo CB Tui e o CB Rachaplumas. Participaron o CB Los Sauces de Pontevedra, CB Cangas e Colexio Compañía de María de Cangas, Colexio Anxo da Garda e Colexio Estudio de Nigrán, CB Tui, EDM Salceda de Caselas, CB Ponteareas e as entidades de Vigo Escola Rosalía de Castro, as escolas deportivas de Manuel Antonio, Pista Vermella e Etea, o Colexio Don Bosco, o CB Cies e o CB Rachaplumas.

O Pavillón do IES San Paio de Tui que acolleu a proba que gozou dunha intensa xornada de bádminton onde xogáronse trescentos vinte partidos. Na maioría das categorías existiu un gran nivel e excelente partidos que nos deleitaron os participantes coas bancadas a rebordar nalgúns momentos da competición.

As entidades de Vigo CB Rachaplumas e Colexio Rosalía de Castro coparon o podio con 10 metais cada un, o CB Rachaplumas (4 ouros, 2 pratas e 4 bronces) e o Colexio Rosalía de Castro (2 ouros, 4 pratas e 4 bronces). O club anfitrión, o CB Tui, que logrou 4 medallas (1 ouro e tres platas) tamén foi un dos destacados.

O circuíto estase a consolidar como unha proba de bádminton referente no sur da provincia de enorme aceptación.

Estes foron os gañadores desta proba:
Categoría sub-11:
Sub-11 A: campioa Sofía Alvarez - EDM de Salceda
Sub-11 B: campión Iker Rodríguez - CB Ponteareas

Clasificación despois desta xornada:
1. - Sergio Abalde - CB Rachaplumas - 1080 puntos
2. - Hugo Salgueiro - Colexio Rosalía de Castro -960 puntos
3. - Samuel Edreira - CB Ponteareas - 910 puntos
4. - Xosé Manuel García - Colexio Rosalía de Castro -880 puntos

Categoría sub-13:
Sub-13 A: campión Javier Alava - CB Rachaplumas
Sub-13 B: campión Héctor Rodríguez - Colexio Rosalía de Castro
Sub-13 C: campioa Carla Giráldez - CB Tui

Clasificación despois desta xornada:
1. - Javier Alava - CB Rachaplumas - 1520 puntos
2. - Boris Bunimov - CB Los Sauces - 1400 puntos
3. - Hugo Domínguez - CB Rachaplumas - 1310 puntos
4. - Marcos González - CB Tui - 1190 puntos

Categoría sub-17:
Sub-17 A: campión Alberto Méndez - CB Rachaplumas
Sub-17 B: campión Andrés Vázquez - Colexio Rosalía de Castro

Clasificación despois desta xornada:
1. - Omar Vila - CB Rachaplumas - 1120 puntos
2. - David Torres - CB Rachaplumas - 1090 puntos
3. - Alberto Méndez - CB Rachaplumas - 1060 puntos
4. - Mauro Fernández - CB Los Sauces - 930 puntos

Categoría Absoluta:
Absoluta A: campión Javier González - CB Rachaplumas
Absoluta B: campión Adrian Comesaña - CB Rachaplumas

Clasificación despois desta xornada:
1. - Jesús Gómez - Colexio Rosalía de Castro -900 puntos
2. - Alberto Méndez - CB Rachaplumas - 810 puntos
3. - David Torres - CB Rachaplumas - 790 puntos
4. - Omar Vila - CB Rachaplumas - 790 puntos.

Próxima proba dobres o 13 de marzo de 2016.