Carla Mouriño, Laura Valverde e Brais Vila do CB Rachaplumas terceiros no campionato galego sub-15

Imprimir

375carla-laura-braisO 7 marzo de 2010 celebrouse no Pavillón Municipal Couto Ferreiro de A Estrada o Campionato Galego sub-15 e sub-11 de Bádminton con representación do Club Bádminton Rachaplumas. Un total de 12 xogadores do club tomaron parte neste campionato.

Os resultados máis destacados foron os dous terceiros postos logrados por Carla Mouriño en Individual Feminino sub-15 e Laura Valverde e Brais Vila en dobres Mixtos sub-15 que lograron colocarse a medalla de bronce.

Os xogadores do club que tomaron parte na competición foron:

Sub-11: Alberto Méndez, Omar Vila e David Torres.
Sub-15: Ainoa Rial, Eva Murio, Carla Mouriño, Laura Valverde, Lucia Coello, Germán Sánchez, Carlos Magán, Brais Vila e Alejandro Rivadulla.