Cabecera Vide

O CB Rachaplumas logra 2 oros, 3 platas e 4 bronces nos campionato galego sub-9, sub-13 e sub-17 celebrados en Pontevedra

374cb-rachaplumasO venres e o sábado celebrouse no Pavillón do Colexio Los Sauces de Pontevedra los Campionatos Gallego sub-9, sub-13 e sub-17 con participación dos mellores xogadores galegos e con representación do club vigués CB Rachaplumas que desprazou un total de 16 xogadores repartidos nas tres categorías.

O resultado para o club vigués foi moi positivo ao lograr un total de 2 títulos o individual feminino sub-9 por parte de Ana Belén Salgueiro e o dobres feminino sub-13 con Carla Mouriño e Laura Valverde. A parte destes dous titulos o club tamén logrou tres subcampionatos na categoría sub-13 con Eva Murio en individual feminino, Ainoa Rial e Alejandro Rivadulla en dobres mixtos e Eva Murio formando parella con María Alonso do CB Ás Neves. E por último catro bronces con Omar Vila en individual masculino sub-9, Alejandro Rivadulla e Carla Mouriño en individual sub-13 e Lucia Coello e Jorge Enrique Arizaca en dobres mixtos sub-17.

Estes foron os xogadores do club que tomaron parte no Campionato Galego:

Sub-9: Ana Belén Salgueiro, Rafael Vázquez e Omar Vila
Sub-13: Alejandro Rivadulla, Ainoa Rial, Carla Mouriño, Laura Valverde, Eva Murio e Lucia Coello.
Sub-17: Natalia Mosquera, Lucia Coello, Ana Taboado, Brais Vila, Germán Sánchez, Jorge Enrique Arizaca, José Manuel Castro e Carlos Magán.

O próximo sábado día 27 de marzo de 2010 celébrase a fase final zonal Vigo/Val Miñor do Campionato Escolar de Bádminton en Vigo na Pista Vermella.