O sábado 9 de outubro, de 9.30 h. a 14.00 h. na pista central do Pavillón de As Travesas, terá lugar unha nova edición do trofeo Cidade de Vigo de loita.

As categorías en xogo tanto masculino coma femenino serán: pre-benxamín, benxamin, alevín, infantil, cadete, junior e senior.

Os clubes invitados ao trofeo son: Saudade (Vigo), Club Castro (Vigo), Keltoy (Vila de Cruces), Club Pontevedra, San Ignacio (Vigo), Independiente (Vigo), Sabarís, Kuzushi (Vigo), Sel-Álava (País Vasco), Sel-Vizcaya (País Vasco), Club Burlada (Navarra), Sel-Castilla y León, Associaçao de lutas, Amadoras de Setúbal (Portugal), Casa do Povo Martín (Braga), Club Atila (Ourense), Club Ayude (Melide) e Federación Asturiana.