Por segundo ano consecutivo o Trofeo Internacional de Loita organizado polo Club de Lucha Ciudad de Vigo na nosa cidade desenvolveuse con alta participación de loitadores e éxito deportivo. Os loitadores do Club vigués acadaron numerosas medallas de ouro, prata e bronce. Así mesmo, na clasificación final por clubs obtivo o número un con 118 puntos.

As medallas de ouro repartíronse do seguinte xeito:
Na categoría prebenxamín masculino: Iago Vermello e Enrique Vermello do Club Kuzushi, e Valeriana Rodríguez do Ciudad de Vigo.

En Benxamín masculino: Alberto Vermello, Jonathan Collazo, Brais García, Iván Davila do Club Kuzushi e Brais Lorenzo, Alexander Castro e Vanesa González do Ciudad de Vigo foron os flamantes merecedores da medalla.

En categoría alevín masculino foi Iván González do Club Kuzushi quen levou o ouro.

En cadete masculino os tres ouros foron para: Abraham Pereira del Ciudad de Vigo, Asier Arribillaga e Julen Pérez da selección alavesa.

En senior masculino o ouro conseguiuno Eric Puente da selección alavesa, Pablo Fernández do Club San Ignacio e Unai Díaz da selección alavesa.

No apartado de mellores loitadores pequenos o galardón levouno Iván González del Club Kuzushi de Vigo e Unai Díaz da selección alavesa.