A pasada fin de semana celebrouse na localidade lusa de Povo Martin (Braga), o Torneo Grand Slam de loita, no pavillón Mire de Tibaes. O Club de Loita Cidade de Vigo, co seu presidente á cabeza, José Manuel Fernández Sousa, desprazouse ao país veciño conseguindo, ao igual que en Bilbao fai duas semanas, o segundo posto no medalleiro.

No evento participaron 13 equipos, 10 de Portugal e 3 de España.   

Clasificación xeral:

1º  CLB de Portugal
2º  Cidade de Vigo de España
3º  CMU de Portugal
4º  AABV de Portugal
5º  Sabaris de España
6º  LEC,AS de Portugal
7º  SRBS de Portugal
8º  CPM de Portugal
9º  JECC de Portugal
10º CPSBM de Portugal