Os loitadores do Cidade de Vigo participaron o pasado 25 de abril, no pavillón municipal de Candeán, no XXV Trofeo Nacional Club de Loita Kuzushi cosechando un magnífico resultado. Dos catro loitadores que participaron, tres gañaron medallas de prata, Anxo Abad (prebenxamín masculino), Nur González (prebenxamín  feminino),  e Yuri Kitayev (júnior masculino) e o carto, un quinto posto, Saul González (escolar masculino). Por equipos obtiveron un cuarto posto.

Así mesmo, a pasada fin de semana celebrouse en Portugal, o Aniversario de Loitas Amadoras do distrito de Setubal onde o club vigués participou con excelente resultado, catro medallas de ouro (Cristina Alves, Miguel Casqueiro, Ainara Osco e Mencía Estévez), sete de prata e dous de bronce. Por equipos, finalizou no terceiro posto. Todos eles ás ordenes do seu adestrador Roberto Estévez.