O Club Cidade de Vigo, gañador do Memorial de Loita, celebrado en Bilbao

Imprimir

O Club de Loita Cidade de Vigo foi o vencedor da segunda edición do Memorial de Loita, organizado polo club Cafés do Norte de Bilbao, que se celebrou o pasado 26 de setembro, no polideportivo o Fango de Rekalde, Bilbao. No Torneo, con participación nacional e internacional, formou parte a selección de Asturias, o club Anarako de Alava, a selección de Navarra, Castilla e León, Cafes do Norte e Munoa de Bilbao, Varon de Biver de Cataluña, Atitania, Clemon-Ferranz e Grenepelig de Francia e pola parte galega, o Club de Loita Ciudade de Vigo.