cartel candeanO pavillón municipal de Candeán, en Vigo, acollerá mañá sábado a Xornada Sur da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas, dende as 10:30 ata as 12:30 horas. A competición, con carácter lúdico-deportivo, congregará os mellores Clubs da zona sur de Galicia.

Os Clubs que están a traballar arreo na promoción e difusión das Loitas Olímpicas son: Club Kuzushi de Vigo, Club El Castro de Vigo, Club Ciudad de Vigo, Club San Ignacio de Vigo, Club Sabarís de Baiona, Club de Loita Pontevedra, Club de Loita do Morrazo e Club A Cambadela de A Estrada.

Esta actividade acolle a rapaces e rapazas de entre 6 e os 12 anos, que competirán por equipos, buscando unha praza para a xornada final da Liga. Esta é unha competición adaptada para os mais pequenos, tentando que gocen do deporte e en especial das Loitas Olímpicas.

A idea fundamental da competición adaptada para os mais pequenos, e que podan competir nun entorno adaptado para eles, e con un regulamento que lles permita e facilite que a práctica deportiva sexa pouco estresante.