Seis do Nadal e Carballal organizarán tres intersectores nas dúas vindeiras semanas en Vigo

Imprimir
ouro1Vigo recibirá esta vindeira fin de semana e a primeira semana de maio varias fases interautonómicas que confirman a relevancia do balonmán galego que preside José Luis Pérez Ouro no panorama estatal.

A Área de Competicións e Actividades da Federación Española de Balonmán deu a coñecer as sedes onde se celebrarán as fases finais de Primeira Nacional Feminina, Xuvenil masculino e feminino e Cadete masculino e feminino.

O Balonmán Seis do Nadal organiza un intersector de balonmán (xuvenil masculino) e dous o Carballal (cadete e xuvenil feminino), mentres que o Octavio xuvenil masculino vai a León e as rapazas do Seis do Nadal senior feminino tentarán buscar o ascenso ao campionato estatal en Asturias.

Primeira División feminina. O Seis do Nadal (subcampión de Galicia) terá que desprazarse ata Oviedo onde disputará o sector B, xunto ao Oviedo BM Feminino (1º Asturias), Sporting Logrobus (1º La Rioja) e Basurto S. Adrián (2º Euskadi). Do 6 ao 8 de maio.

Xuvenil masculino. Están clasificados para os sectores os dous primeiros clasificados da Liga Galega: Seis do Nadal (campión) e Academia Octavio (subcampión). O Seis do Nadal solicitou e recibiu a organización desta fase final. Desta forma, o conxunto vigués xogará en casa, os días 29, 30 de abril e 1 de maio, este sector contra CD La Enseñanza (segundo clasificado de Castela e León), Rocasa G.C. (segundo clasificado de Canarias), G.D. Bosco (primeiro clasificado de Asturias). A fase, no pavillón de Coia.

Pola súa banda, nesas mesmas datas o Academia Octavio terá que desprazarse ata León, onde xogará fronte a Reale Ademar (primeiro clasificado de Castela e León), Concepción (terceiro clasificado de Madrid), Diluvio Adelma (primeiro clasificado de Cantabria). Clasificarase para a fase final o primeiro clasificado de cada grupo (en total oito equipos).

Xuvenil feminino. En Vigo celebrarase o sector no que participa o Carballal, campión galego, xunto ao Cleba Milvus (segundo clasificado de Castela e León), Oviedo BM feminino (segundo clasificado de Asturias) e Rocasa G.C. (primeiro de Canarias). As datas, 29 e 30 de abril e 1 de maio no pavillón de Carballal.

Cadete feminino. O Carballal organiza o sector, onde actuará como anfitrión. No seu grupo tamén estarán o Aula Cultural (Castela e León), o BM Alcobendas (Madrid) e o C.B. Tejina (Canarias). Do 6 ao 8 de maio no pavillón de Carballal.

Sector cadete feminino (76.95 kB)

Sector xuvenil feminino (141.76 kB)

Sector xuvenil masculino (141.77 kB)

Sector senior feminino (75.81 kB)