Pesar no deporte vigués polo pasamento de Ánxeles Iñarrea, directiva do Balonmán Seis do Nadal

Imprimir
Loito no deporte vigués, e de forma especial na familia Siareira, polo pasamento antonte de Mª Ánxeles Iñarrea, directiva do Balonmán Seis do Nadal e dona de Antón Piñeiro, presidente do Club Balonmán Seis do Nadal de Coia.

Os seus restos mortais están a ser velados no tanatorio de Pereiró dende onte polo serán. Hoxe, ás 12:00 terá lugar o acto fúnebre na capela e a incineración. Ás 18:00 horas celebrase o funeral na igrexa do Cristo da Victoria.

Dende a Fundación VIDE exprésase o pésame e amósase mostrando o seu cariño nestes difíciles momentos.