Falido comezo de pretempada do Magope

Imprimir

Primeiro partido de pretempada para o Magope Seis do Nadal-Coia, que se enfrontou onte, no pavillón de Chapela, ao Solla&Cía redondelano. O encontro rematou cun 33-24 con superioridade local. Os vigueses viaxarán o sábado a terras coruñesas para xogar contra o Conslar Oar Coruña (20 h) na primeira xornada da Copa Xunta.