Cabecera Vide

Copa Galicia de balonmán. Vencen o Octavio e o Magope, cae o Cinco Jotas

O Academia Octavio venceu, o sábado, nos oitavos de final da Galicia de balonmán, ao Granitos Ibéricos SD Carballal (24-26), na súa pista, nun partido con máis dificultade da esperada. Os vigueses terán como próximo rival ao Lalín, que gañou ao Lavadores por 35-20.

Por outra banda, vitoria do Magope Seis do Nadal-Coia, que xogaba tamén a domicilio ante o Conslar OAR Coruña (16-24). Os vigueses realizaron un bo partido, no que tiveron en todo momento a iniciativa no marcador, cun excelente xogo.

Correu menos sorte o Cinco Jotas UB Lavadores que caeu eliminado o pasado venres fronte a o Embutidos Lalinense-Balonmano Lalín (35-20), tamén a domicilio.