Encontro moi disputado o sábado no pavillón de Coia entre o Magope Seis do Nadal-Coia e o Cinco Jotas U.B. Lavadores  con resultado de 25-24.  Con alternativas constantes no marcador durante todo o xogo, chegaron ao descanso cun empate de 11-11.

Na reanudación, todo igualado ata o último minuto no que un par de decisións arbitrais, bastante discutidas (un roubo claro de balón dos visitantes sancionado con exclusión e un penalti con tempo cumprido que non era), deron a vitoria aos locais, pero puido gañar calquera dos dous.