seis_nadal_campionO combinado Sénior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia disputará a final da Segunda División Sénior Feminina co ascenso á 1ª División Autonómica Feminina xa asegurado. O conxunto adestrado por Jorge Martínez, Óscar Álvarez e Xosé Rodríguez, primeiro clasificado do Grupo Sur da Segunda División Sénior Feminina cun balance de catorce vitorias e dúas derrotas nos dezaseis partidos xogados, disputará a final da competición ante o primeiro clasificado do Grupo Norte, o CB Burela.

A primeira posición do Grupo Sur outórgalle ao Seis do Nadal Coia o ascenso á 1ª Div. Autonómica Feminina, competición na que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia non participaba desde a tempada 2007/2008.

Co ascenso xa conseguido o equipo Sénior Feminino buscará conseguir o título de campioas da Segunda División Sénior Feminina. O primeiro dos partidos da final terá lugar o próximo sábado 26 de abril do 2014 ás 20:00 horas no Colexio Seis do Nadal, disputándose o partido de volta a fin de semana do 3 e 4 de maio en Burela.