O Magope Seis do Nadal-Coia proclamase campion do trofeo Concello de Vigo de balonmán

Imprimir

trofeo_balonmanOnte a festa do balonmán vigués celebrouse en As Travesas baixo a boa organización do Academia Octavio e a colaboración dos outros clubes de élite da nosa cidade, Unión Balonmán Lavadores, Asociación Deportiva Carballal e Club Balonmán Seis do Nadal-Coia, que participaron no evento cos equipos de Cadetes e Sénior Masculino.

Ademáis, Octavio aprobeitaba a ocasión para presentar os seus equipos dende benxamíns ata División de Honra Prata coa presencia do alcalde Abel Caballero, o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o presidente da Real Federación Española de Balonmano Francisco Blázquez, e outras autoridades do concello e dos clubes participantes.

Os emparellamentos de semifinais foron Octavio-Lavadores e Carballal-Seis do Nadal, tanto nunha categoría coma na outra. Quen se fixo finalmente co terceiro posto foi o Lavadores, vencendo ao Carballal en Sénior e Seis do Nadal tras vencer ao Lavadores de cadetes.

O Campión cadete foi o Academia Octavio, vencendo ao Carballal, mentres que o campión sénior foi o MAGOPE Seis do Nadal-COIA despóis de vencer nun encontro axustado ao anfitrión, partido  que finalizou cun 11-13 a favor dos xogadores de Jorge Fernández, conseguindo deste xeito que o Trofeo Concello de Vigo foxe camiño de Coia nesta edición.