Tiempo muertoO Seis do Nadal Coia organizará a Fase Sector A Cadete feminina do Campionato Estatal de clubs de balonmán. Será do 22 ao 24 de maio. Nesa cita, o representante vigués, o Globalmar Sealand Seis do Nadal Coia (campión da División de Honra galega), loitará por un posto na fase final nacional ante o Jofemesa Oviedo (campión asturiano), o HV CCR Esemcyl valisoletano (1º na súa liga) e o EMD. Aceuchal de Extremadura.

A competición xogará en formato liguilla a unha soa volta, esa penúltima fin de semana de maio.

As sedes dos sectores infantís, tanto masculinos como femininos, coñeceranse a próxima semana. Neles, o Seis do Nadal Coia terá dous representantes, o Distevi e o Asefa Seguros, equipos que quedaron Campións nas súas respectivas ligas de División de Honra.