Éxito do torneo interescolar de balonmán base

Imprimir

seisnadal prebenxaminO Torneo Interescolar de Balonmán base que organizou esta pasada fin de semana o Club Balonmano Seis do Nadal Coia, foi todo un éxito e serviu para demostrar o tirón que ten este deporte na nosa cidade.

A cita reuniu en Coia, durante as dúas xornadas, a un cento de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos divididos en 20 equipos e pertencentes a 11 colexios da zona e os seus  alrededores. (Seis do Nadal, Illas Cíes, Celso Emilio Ferreiro, Javier Sensat, Virxe do Rocío, Pintor Laxeiro, Balaídos, Alfonso D.R. Castelao, Carrasqueira, Canicouva e Otero Pedraio)

Un torneo lúdico-deportivo que concluíu coas vitorias do CEIP Celso Emilio Ferreiro en categoría prebenjamín e o combinado formado por alumnos dos colexios Illas Cíes e Canicouva en categoría benjamín.

Ás portas do triunfo, en segunda posición quedáronse o combinado Seis do Nadal Coia- Virxe do Rocío e Celso Emilio Ferreiro, respectivamente.