A vitoria no derradeiro partido do Sector dalle o terceiro posto aos equipos do Seis do Nadal Coia

Imprimir

Seis do Nadal vs AceuchalO Globalmar Sealand Seis do Nadal Coia concluíu a súa participacón no Sector Cadete Feminino cunha vitoria ante o EMD Aceuchal (35-32) que lle permitiu ocupar o terceiro caixón do podio. Un triunfo que o equipo adicou á afección, pola seu incondicional apoio durante toda o campionato.

A vitoria foi incuestionable. O Globalmar Sealand Seis do Nadal Coia mostrouse moi superior ao seu rival. Fíxose co control de xogo desde o comezo e mantívose por diante no marcador durante os 60 minutos. Durante a primeira parte foi ampliando a súa vantaxe en cada cuarto ata o 19-13 co que se chegou ao descanso. Tralo paso polo vestuarios, as de Cristina González mantiveron a súa renda ata os últimos 5 minutos (33-26) nos que o Aceuchal aproveitouse da relaxación local para maquillar o resultado final.

O sector cadete feminino que organizou o clube vigués finalizou coa vitoria do Jomefesa Balonmano Oviedo. O equipo asturiano cumpriu co seu papel de favorito e conseguiu o pase á final nacional tras derrotar no último e terceiro encontro do sector ao Hand Vall CCR Esemcyl por 29-19.

O Paleo Training Seis do Nadal Coia finalizou o sector cadete masculino como terceiro de grupo, tras imporse no último encontro da fase ao Ekniker Eibar Eskubaloia por 35-34.

A igualdade presidiu o encontro durante a primeira parte, aínda que foron os vigueses os que levaron a iniciativa do xogo e o marcador con vantaxes que chegaron até  os 3 goles (13-16, min.25) e que o Eibar recortou a 2 ao descano (16-18). A defensa do Seis do Nadal non estaba a render ao mellor nivel, pero en ataque os vigueses conseguían gol con facilidade.

Na segunda parte mantívose a mesma dinámica (23-25, min.40) ata que, o equipo vasco aproveitouse dunha pequena fochanca no xogo dos vigueses para darlle a volta ao marcador. Lonxe de virse abaixo, o Seis do Nadal Coia soubo reaccionar a tempo, conseguiu remontar un 34-31 adverso e gañar o partido pola mínima. Resultado que fixo xustiza aos méritos do equipo que adestra Paloto.