O Magope Seis do Nadal Coia ten ante se, este sábado, a posibilidade de arrebatarlle o quinto posto ao OAR. Conseguilo pasa por sacar algo positivo na súa visita á cancha coruñesa xa que ambos os equipos chegan á vixésimo segunda xornada de liga empatados a 27 puntos. O cometido non se presenta con todo fácil para os de Jorge Fernández que xa foron incapaces de facerlle fronte ao seu rival no pavillón de Coia; “na ida o OAR demostrou estar en mellor forma ca nós e foi o xusto vencedor do partido. Agora chegamos con numerosas baixas o que nos obrigará a facer un grande esforzo para puntuar”, recoñece o técnico vigués. 

O OAR vs. Magope Seis do Nadal Coia despútase este sábado ás 17 horas no Polideportivo San Francisco Javier.