A ximnasia rítmica brillou no Pavillón das Travesas

Imprimir

maniotas abelBrillante, esa é a palabra que mellor define a sensación coa que o público, ximnastas, adestradores e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quedaron tras o Primeiro Trofeo Concello de Vigo Cuarto Torneo Club Maniotas. Torneo que albergou 500 participantes de 30 clubs de toda Galicia, asi como uns 1000 asistentes de público.

Na xornada demañana nivel escolar e promoción, o Club Maniotas e Club Las Acacias Maniotas fixeron un total de 13 podiums, medallas que foron entregadas por Abel Caballero en compañía da Concelleira de Educación, representada por Olga Alonso, e Delegación Provincial, representada por Pilar Alvarez. Na xornadade tarde nivel federado, o Club Maniotas fixo un total de 15 podios.

A presidenta do Club Maniotas, Paula Garcia, clausuraba o Torneo anunciando xa o 30 Aniversario do Club Maniotas que se celebrará a finais deste ano e dando grazas a todas as entidades e empresas colaboradoras do evento.