Boa fin de semana para o ED Vigo 2015

Imprimir

Esta fin de semana foi redonda para os equipos de fútbol sala das Escolas Deportivas VIGO2015, o sábado o infantil B proclamouse campión provincial ao vencer ao Colexio Cluny por 12 goles a 1, agora disputará o Campionato Galego o día 23 de Maio ante o campión de Orense o IES Trives.

Pola súa parte o equipo alevín venceu por 8 goles a 2 ante o Colexio Abrente de Portonovo o domingo en Beluso, nun grande partido dos vigueses que ao descanso xa vencían por 4-0. Agora disputarán o Campionato galego os días 15 e 16 de maio en Carballino ante o campión de Lugo, o Azkar Lugo, o campión de Coruña, o Narón e o campión de Orense, o Arenteiro, de entre estes catro equipos sairá o Campión Galego que disputará o Campionato de España de Clubs.

COPA GALICIA

Pola súa parte o infantil A disputará a Copa Galicia ante o O Parrulo de OFerrol este venres ás 20 horas en A Malata.