O técnico internacional Ramiro López, co E.D. Vigo 2015

Imprimir

ramiroO técnico internacional vigués, Ramiro López, atópase na nosa cidade colaborando coas escolas deportivas Vigo 2015. A pasada campaña Ramiro López foi nomeado o mellor adestrador da Liga Italiana de Fútbol Sala, conseguindo ademais o subcampionato de Liga Calcio A5 e quedando campión do Scudetto, a Copa de Italia co Marca Fútsal.

Agora e por circunstancias persoais pasará unha tempada na nosa cidade e colaborará co E.D.Vigo 2015 nos seus distintos equipos, ademais leva a escola deportiva municipal de fútbol sala. Esta tempada na sección de fútbol sala, o club vigués contará con dous equipos na Liga galega, que serán os infantís e os cadetes, ademais das distintas categorías na liga local e dos seus equipos na sección de fútbol, tanto na modalidade de 7 coma de 11.

Para todos aqueles que se queiran anotar, poden facelo na páxina web www.edvigo2015.com ou chamando ao teléfono 627009999.