Victoria do E.D. Vigo 2015 ante o Barval por 4-2

Imprimir

futbol11pretemporadawebImportante vitoria dos vigueses na liga galega ante un das revelacións da competición, o Barval de O Barco de Valdeorras.

Empezaron os de Vigo poñéndose 2-0 por diante no marcador, acurtou distancias o Barco pero volven manter a distancia co 3-1, puideron sentenciar en varias ocasións en xogadas de Samu e Brais, pero foi o Barco nunha xogada parva que se puxo 3-2, xa nos últimos segundos conseguiron o 4-2 definitivo.

O equipo contou coa presenza de Ramiro López, adestrador vigués, que atopa estes dias na nosa cidade aproveitando o parón da División de Honra da Liga Italiana de Fútbol Sala onde se atopa adestrando na actualidade.

O equipo vigués atópase agora consolidado no terceiro posto detrás de Azkar e Meigallos de Lugo.