Dobre vitoria do Vigo 2015 ante A.D. Bueu

Imprimir

vigo2010mayo2010O equipo infantil de liga galega venceu no Pavillón do Berbés por 6-0 ante o Bueu no penúltimo partido da liga regular da Autonómica Sur, ao descanso do partido chegouse co resultado de 1-0, xa na 2ª parte os de Fabio realizaron unha presión asfixiante aos de Morrazo que deu os seus froitos.

O equipo vigués lidera a clasificación sen coñecer a derrota e sen ceder nin un só punto durante o campionato. Agora o último partido será o próximo sábado ante o Leis de Pontevedra antes do PLAY OFF ao título galego, que esta fin de semana definiu xa os rivais da Autonómica Sur, serán Liceo de La Coruña e Azkar de Lugo, o 2º clasificado da Liga Sur decidirase na última xornada de liga.

Cadete liga galega

Victoria tamén ante o Bueu pero neste caso a domicilio por 1-7. AOS 4 minutos de partido os vigueses xa sentenciaran o mesmo poñéndose cun 0-3 no marcador. Bo partido do equipo vigués que se mantén cómodo no terceiro posto da Liga Galega detras de Azkar e Meigallos ambos os dous de Lugo.