Cabecera Vide

Dobre enfrontamento Vigo 2015 - Azkar Lugo

inf.liga-gallegaEste domingo no pavillón central das travesas terá lugar o dobre enfrontamento entre as dúas de mellores canteiras galegas de fútbol sala, E.D. Vigo 2015 e Azkar Lugo.

En primeiro lugar ás 11 da mañá enfrontaranse os cadetes de ambos os dous conxuntos, o Azkar marcha líder da clasificación contando todos os seus partidos como vitorias, os vigueses marchan 3º clasificados a solo 2 puntos do segundo posto, o equipo lucense é claro favorito pero os xogadores de Lucas Fernández intentarán romper a sorte de vitorias do rival.

Ás 12:30 terá lugar o prato forte da xornada co play off por o título galego, de novo os dous conxuntos nesta ocasión na categoría infantil os rapaces de Fabio Oliveira parten como favoritos despois de gañar todos os seus partidos na liga regular, o Azkar pola contra quedo 2º clasificado na Liga Norte pero vén a Vigo coa intención de empezar este play off con vitoria. O mister vigués contará con todos os seus efectivos e dará no último adestramento do venres a lista de convocados.

Foto oficial de todas as categorías

Aproveitando este evento ás 12 da mañá entre ambos os dous partidos terá lugar a foto oficial de todas os equipos de fútbol sala do club.