O E.D. Vigo 2015 vence o Azkar Lugo no primeiro partido de play off polo título galego

Imprimir

vigo2015marzo2011gradaDifícil e traballada foi a vitoria do E.D. Vigo 2015 no primeiro partido de play off por o título galego de fútbol sala.

O equipo lucense a presento en As Travesas co seu equipo de gala e empezou premendo aos locais proba diso que a primeira parte finalizou con empate a cero e o equipo local cargado con 5 faltas. Na 2ª metade o mister vigués Fabio Oliveira fixo cambios para intentar romper a agerrida defensa visitante e primeiro Enrique e logo Oli, conseguiron bater a portería lucense.

No outro partido de play off o Liceo Coruña venceu con facilidade ao Coutada por 12-2. O próximo fin de semana o E.D. Vigo 2015 xogará contra o Liceo Coruña, ambos os dous campións das súas respectivas Ligas Autonómicas Norte e Sur. O vencedor dará un paso de xigante para conseguir o título galego.

Categorías inferiores

Aproveitando o partido no pavillón Central de As Travesas fíxose a foto de familia de todos os equipos de fútbol sala Benxamines A e B, Alevín, Infantil A,B e C, e cadetes A e B. Os equipos do club de categoría local marchan líderes das súas respectivas categorías e o equipo cadete de liga galega vai 3º clasificado, mentres que o infantil está xogando o play off polo título.