Play of f ao título galego para o Vigo 2015

Imprimir

Coa vitoria por 2-6 ante o Coutada Beade e a vitoria a domicilio do Azkar de Lugo ante o Liceo Coruña (1-2) prodúcese un triplo empate a 6 puntos na cabeza da clasificación entre E.D.VIGO2015, Azkar Lugo e Liceo Coruña.

Os resultados desta fin de semana romperon todos os prognósticos e deixa a loita por o título galego máis aberta que nunca. A próxima xornada o equipo do VIGO2015 adestrado por Fabio Oliveira desprazarase a Lugo para enfrontarse ao AZKAR no que será o partido da xornada o equipo que gañe dará un paso de xigante para seguir na loita por o título, non obstante que perda quedará descolgado desta.

Cadete Liga Galega
Pola súa parte o cadete de liga galega do E.D.VIGO2015, adestrado por Lucas Fernández, venceu ao Meigallos (ata a data segundo clasificado) en Sarria a domicilio por 1-2 goles de Dani e de Samu no último segundo do partido, e a pesar de viaxar o equipo con 5 importantes baixas. Con esta vitoria os vigueses ascenden á 2º praza da categoría que lidera xa como campión o AZKAR LUGO.

Ligas Locais
Os equipos de benjamin A e B, Alevín, Infantil B e C e cadete B, quedaron lideres dos seus respectivos grupos nas ligas locais e clasificáronse absolutatmente todos para disputar os play off provinciais.