Escolas deportivas Vigo 2015

Imprimir

vigo2015marzo2011gradaFenomenal pódese cualificar a tempada por todos os equipos de fútbol sala de todas as categorías do E.D. Vigo 2015. Nas ligas galegas, o equipo cadete na súa primeira participación nesta competición proclamouse esta fin de semana SUBCAMPIÓN GALEGO da categoría deixando por diante unicamente ao Azkar Lugo.

Pola súa parte o equipo infantil xoga o subcampionato galego esta fin de semana e terá que esperar o resultado do Liceo Coruña - Azkar Lugo para ver se repite SUBCAMPIONATO GALEGO por segundo ano consecutivo.

En ligas locais destacar que os máis pequenos Benxamín e alevín xogasen este sábado o Campionato Provincial das súas categorías e a consecuente clasificación para os Campionatos Galegos. Pola súa parte os filiais de cadetes e infantís B e C xogasen tamén as semifinais Provinciais e o pase ás finais do Campionato Provincial.

Tempada 2011-2012

Pola súa parte xa está aberta a inscrición para aqueles xogadores de categorías dende prebenxamín ata cadete que a próxima tempada queiran participar nos nosos equipos tanto de Fútbol Sala coma de Fútbol 7 e Fútbol 11 a través da páxina web www.edvigo2015.com