Cabecera Vide

Dobre enfrontamento Azkar Lugo - Vigo 2015 co título galego en xogo

vigo2015campoEste sábado os equipos do ED Vigo 2015 na súas categorías benxamín e alevín desprazaranse a Coruña para disputar o Campionato Galego de Clubs de Fútbol Sala.

En semifinais ambos os dous equipos enfrontaranse ao Azkar Lugo, a besta negra para o conxunto vigués esta tempada, xa que tanto na categoría infantil como cadete o equipo lucense proclamouse campión galego e o ED Vigo 2015 subcampión en ambas as dúas categorías. O equipo lucense é o auténtico favorito para este campionato pero o campión vigués intentará dar a sorpresa e traerse o título para a nosa cidade.

O Campión galego obterá o pasaporte para o campionato de España que se celebrará este ano en Talavera de la Reina os dias 3,4 e 5 de xuño e ao que asistirán os mellores conxuntos nacionais.

O ED Vigo 2015 acode por 4º ano consecutivo a este campionato galego en categoría alevín e por primeira ven en benxamins. Os dous primeiros anos como Campións Galegos e o ano pasado como Subcampión. Esta tempada o ED Vigo 2015 consolidouse como unha das mellores canteiras do fútbol sala galego, proba diso foi o interese de equipos da división de honra por varios xogadores do club como o caso do Lobelle de Santiago.