Cabecera Vide

Clinic Lobelle de Santiago co Vigo 2015

Hoxe mercores, ás 20 horas no Pavillón do Berbés de Vigo o conxunto de División de honra Xacobeo Lobelle de Santiago dará un clinic que será impartido polo adestrador de Primeira Nacional Mon, a unha selección de xogadores cadetes e infantís do E.D. Vigo 2015. Despois de ir a Santiago varios xogadores do club agora son os técnicos compostelanos os que se desprazan a Vigo.


Acordo de colaboración co Lobelle de Santiago

O próximo martes membros do E.D. Vigo 2015 desprazaranse á capital galega e reuniranse co Coordinador Deportivo do Lobelle de Santiago, Santi Valladares dado que queren formalizar as relacións deportivas e establecer un acordo de colaboración co club vigués. Os éxitos deportivos todos os seus equipos de fútbol sala non pasan desapercibidos para varios clubs nacionais, todos os equipos de liga local foron campións de grupo e os infantís e cadetes foron Subcampions Galegos, e o Xacobeo Lobelle quere pechar un convenio de colaboración coa entidade viguesa que tan bo traballo está a facer nas categorías de base.